outros textos
"Coa porta aberta,
El Noroeste,
10/IX/1918

axenda
consulta a nosa axenda os actos que se organizan na celebración deste día.

documental
"Os mutis de don Eladio", Rodríguez González danos unha visión da sua vida, unha producción para o Consello da Cultura Galega.

 

NA
XUNTAZA ESTÁ A
FORZA E NA FORZA
ESTÁ O TRUNFO.
TEXTOS
+textos

"El Noroeste", 20 de marzo, 1919

Na xuntanza está a forza e na forza está o trunfo

Para esta labor de redimil-o noso doce idioma do esquecemento en que dorme acurrunchado, e facer que o entendan todol-os que queiran entendelo, cantamos con que non han de faltarnos as patriótecas axudas dos gallegos de boa fe, dos fillos amantes d'esta meiga terra, dos bós e xenerosos, de que falou nas súas bariles estrofas a musa ossiánica do noso bardo Pondal.

Todos levamos dentro de nós unha obriga moral que temos de cumprir honradamente. Deixémonos de parolas. As parolas son leria; as parolas lévaas o vento. Saen dos beizos, esbaran pol-os auídos, póusanse un istantiño nos miolos, fan correl-a sangue a borbollós pol-o corpo adiante, dan pulos d'antusiasmo ôs corazós, sacoden as almas, afervoan os espirtos, afúndennos no bulleiro enlameirado das nosas pasiós mezquiñas, érguennos de súpeto por enriba de todol-as cativeces, y-o fin y-o cabo non son mais nin menos que unha chuvia de foguetes que estralan e morren, alumeando un pouquichiño os campos das nosas ideas, para apagárense dispóis mainamente nas escuridades do noso pensamento, sin deixar máis sinal que uns anacos de fume encolgados no espazo...

Os gallegos precisamos realidades vivas, algo que nos saque das nosas vellas morriñas e que nos leve ôs nosos destinos. Xa o di o enxebre Castelao. Hai que ir fuxindo da gaita e do tamboril como representación da nosa raza. O alaláa y-a muiñeira y-o aturuxo xa non poden ser a encarnación das nosas ansias no porvir.

Temos que pensar que estamos en tempos novos e momentos decisivos. Fainos falla pechar con sete ferrollos a porta do pasado, para que non volvan a sair pol-as ruas adiante as nosas lilaileiras choromicadas, de pidinchós que queren vivir da esmola sin saber empregal-as forzas propias no seu propio ben.

O gran Castelao fáinol-o ver d'unha maneira perfeuta no maxistral dibuxo simbolista que nos mandou e que vai â cabeza d'estas páxinas. NOS non hemos de gabar ô noso artista, porque NOS somos NOS, y-esto abonda. Pero si poderemos decir a todol-os gallegos: vel-ahí est´an-unhas rayas e n-uns borranchos, coma quen dí, enecrrado todo o probrema do galleguismo.

Os lions y-as águias que dan vida na pedra ôs capiteles do Pórtico da Groria e que teñen enriba de sí a pedra dos anos forman como unha leición práctica que debemos hastra sabela de memoria.

Os gallegos traballadores, os de boa fe, os dos fondos entusiasmos y-as sanas orientaciós, os que loitan e loitan pol-a redención da nosa terra, han de comenzar por sel-os lións y-as águias dos novos tempos, para erguerse coraxudos arrimando o lombo uns ôs outros, e para guindar a lousa do centralismo que nos esmaga, tirando co-ela hasta escachizala.

Entonces haberá pr'a nosa terra unha alborada de rexurdimento, porque morto o centralismo terá que morrer tamén o caciquismo que nos afoga e que soilo vive das falcatruadas, amparado por esa centralista forza bruta e absurda que non sabe dar máis que paus de cego e que na sua iñorancia ou na sua comenencia coido que todol-os pobos son iguales, como si non tivese cada un a sua característica y-a sua persoalidade.

Pensen os gallegos de corazón que na xuntanza está a forza e na forza está o trunfo. ¡Adiante, pois, adiante sempre!
 


 

 

Eladio Rodríguez, vida e obra
Ed. Xerais

Eladio Rodríguez, poeta, xornalista...
Ed. Ir Indo

Oraciós Campesiñas
Ed. facsímile.
Galaxia

 

 

 

Cultura Galega.org
Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000