• Día 15 na Coruña.
    "As linguas e as novas tecnoloxías" A Fundación Pedro Barrié de la Maza organiza esta xornada de conferencias na que participarán o catedrático de Lingua Española da Universidade de Santiago e membro da Real Academia Española, Guillermo Rojo, e o catedrático de Filoloxía Románica da USC e membro da Real Academia Galega, Antón Santamarina.

  • Día 15 en Compostela ás 20:30h.
    A Universidade de Santiago súmase ás celebracións do Día das Letras Galegas con este acto literario no que se presentará o volume Eladio Rodríguez. Día das Letras Galegas 2001. De seguido, o catedrático emérito da de Filoloxía Galega, Alonso Montero, pronunciará unha conferencia titulada Eladio Rodríguez: Biografía e Letras , nun acto que contará coa asistencia do rector da Universidade de Santiago, Darío Villanueva.

  • Día 16 na Coruña
    "Breviario enciclopédico Don Eladio".
    A Real Academia Galega presenta a obra Breviario enciclopédico Don Eladio nun acto ó que acudirán o presidente da RAG, Fernández del Riego, e o responsable da edición do libro, Camilo Valdeorras
    .

  • Día 16 en Compostela ás 12:00h.
    Final do Correlingua. A carreira partirá ás 12h da praza da Quintana e retornará ó mesmo lugar, onde se celebrará un sorteo de regalos entre os participantese Ana Romaní lerá o manifesto desta edición.

  • Día 16 en Ponteceso ás 18:00h.
    I Encontro
    de Normalización, organizado pola Asociación Cultural Monte Branco de Couto, a cargo de Mini e Mero, que tratará sobre "Romances e cantares de cego", no Salón de Plenos da localidade.

  • Día 16 en Ferrol.
    A Universidade da Coruña organiza no campus de Ferrol unha serie de actos que presidirá o rector José Luis Meilán Gil, e que comenzarán coa conferencia do catedrático da UDC Xosé María Dobarro, titulada Eladio Rodríguez na cultura galega. Posteriormente terá lugar un recital poético a cargo do escritor Manuel María e como conclusión á xornada tense programado un concerto de piano, saxo e oboe con José Carlos Areán, Araceli Saavedra e Jesús Camiña.

  • Día 16 nas Pontes.
    Comeza Festival pola lingua e patrimonio en As Pontes con "A maxia e a carallada", espectáculo de Antón Romarís.


  • Día 17 en Compostela ás 10:30h.
    "Marcha ciclista das Letras Galegas" organizada polo colexio La Salle e o Clube Ciclista de Mobles Compostela. Sairá ás 10:30h da Praza do Obradoiro e concluirá no Panteón de Galegos Ilustres.

  • Día 17 en Compostela ás 10:30h.
    Peculiar homenaxe ó Día das Letras Galegas da man da "Ruta Rosaliana de motocicletas clásicas" que partirá. ás dez e media da mañá, de Santiago
    cara Padrón, previo paso por Brión e Bastavales.

  • Día 17 en Carballo de 11:00 a 21:00h.
    Pequena homenaxe a Eladio Rodríguez a través desta maratón de lectura, baixo o lema "Dez horas lendo", na que se recordarán ós 40 autores homenaxeados nas sucesivas edicións das Letras. O Departamento de Cultura de Carballo pretende involucrar ó maior número posible de cidadáns a través desta iniciativa que inclúe tamén actuacións musicais no Conservatorio Municipal.
  • Día 17 en Compostela ás 12:00h.
    A Mesa pola Normalización Lingüística convoca esta manifestación baixo o lema "O galego no ensino, materia pendente", na que participarán o BNG, CCOO, CIG, EdeG e a Plataforma Galega polo Ensino. Os participantes reivindicarán unha maior presencia do galego nas aulas, así como o cumprimento da normativa lingüística.

  • Día 17 en Maniños ás 20:00h.
    A Sociedade Cultural O Pote de Maniños aproveita a festividade do Día das Letras Galegas para inaugurar as exposición de traballos realizados nas escolas da entidade (debuxo e pintura, punto canario, e corte e confección). O acto terá lugar ás oito da tarde e estará seguido pola actuación da coral do Casino de Franza, o grupo de gaitas Os Piñeirenses e a escola de gaitas de O Pote.

  • Día 17 Ferrol.
    Mesa redonda sobre "Vida e obra de Eladio Rodríguez", coa intervención de David Otero e Bonifacio Borreiros, concelleiro de cultura de Ferrol. Alameda, Feira do Libro.

    17:00h Concerto da Escola de Gaitas de Galicia de Caranza.no local social de Marmacón. A continuación, charla sobre Eladio Rodriguez a cargo de Ramón Loureiro, escritor e xornalista. Na mesma tarde, celebrarase unha actuación da Agrupación de Acordeóns, e músicos do Conservatorio ofrecerán unha actuación con pezas de Telemann e Coreli. As corais Ecos de Chamorro e Santa Cecilia pecharán o programa.

  • Día 17 Cabana.
    Mostra folclórica "Encontro en Cabana", coa actuación do grupo de gaitas "Inllar" e a participación de grupos locais.

  • Día 17 nas Pontes.
    Recital María Campo, concerto de Cachimonia e "Quenpallou". Local do Liceo.

  • Día 17 Cabana.
    Comeza a mostra de traxes típicos galegos no local social de Anós


  • Día 23 en Neda ás 20:00h.
    Coloquio sobre Eladio Rodríguez. Xosé Manuel Varela será o voceiro desta conferencia na que se analizará a figura de Eladio Rodríguez como protagonista do Día das Letras Galegas 2001. O coloquio que se celebrará na Casa de Palmeiras, dará comezo ás oito da tarde e a entrada é gratuita. A organización do evento conta coa colaboracion de Edicións Xerais.

  • Día 26 en Cabana.
    Representación da obra "Os habitantes da casa deshabitdada" a cargo dos actores de Tranghallada Teatro.


  • Día 28 en Oleiros.
    Celebración da segunda xornada do "Festival da Palabra" polo que a Casa da Xuventude acollerá recitais poéticos, contacontos e diversas actuacións musicais.
  • Día 30 en Cabana.
    Contacontos nas escolas do concello a cargo da compañía Trinke Trinke. Saída cultural ós obradoiros da carpinteiría de ribeira "O Tecelán".

 

 

Cultura Galega.org
Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000

 

 

 

 

Eladio Rodríguez, vida e obra
Ed. Xerais

Eladio Rodríguez, poeta, xornalista...
Ed. Ir Indo

Oraciós Campesiñas
Ed. facsímile.
Galaxia