Correo Busca en CG
Subscríbete

O encontro "Galego no mundo-Latim em pó" reuniu en Compostela entre o 11 e o 15 de decembro do ano 2000 a máis de 200 literatos, artistas. comunicadores ou xente emigrada de todos os países de fala galego-portuguesa do mundo. Entre eles, persoeiros de fama mundial coma Fausto ou Mia Couto. O encontro xurdiu como un intento de amosar as posibilidades do galego para comunicarse internacionalmente e como unha reivindicación da lingua.
Máis informacións.
Visita a páxina oficial de Galego no Mundo
Descarga aquí "Os pousos da Pedra", obra editada con ocasión do encontro e que inclúe relatos de Suso de Toro, Xurxo Souto, Quico Cadaval ou Carlos Quiroga entre outros. En PDF, 4,2 Mb

"Do músculo da boca" é unha serie de reflexións de escritores e artistas de toda a lusofonía que foron convidados a Galego no mundo-Latim em pó. En total son máis de oitenta textos arredor da cuestión que reuniu ós seus autores en Galicia: A lingua. Podes ler algúns framentos da obra na páxina do encontro.

PROGRAMA:

 


   

Elías Torres, coordinador
"A lingua, se está ben engraxada, é unha chave que abre moitas portas
"

  Mía Couto, escritor mozambiqueño
"A literatura é un convite para mostrar que existen outras formas de entender o mundo"
   

Helder Costa: A arma do teatro
"Se a valorizamos, a cultura popular pode rematar por se impor"

 

  Fausto, cantautor portugués
"En Portugal a música popular salvouse e desenvolveuse dentro dos muros da universidade"
    En Extremadura, en galego
Domingo Frades explicanos a situación das vilas de Extremadura onde leva nove séculos falando galego

    Avelino Ferreira: Unha voz portuguesa nos Estados Unidos
"A lusofonía fica como un concepto académico, pero non se dá a nivel de relacións en Estados Unidos"
 

 

Cultura Galega.org
Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000