AXENDA
  Coñece tódolos actos programados en Galicia
PROXECTO SARMIENTO
  Explora a iniciativa de investigación máis ampla sobre Sarmiento
NOTICIAS
  A actualidade sobre o día das letras galegas
O DÍA DAS LETRAS
Descubre as orixes deste día de celebracións
LIGAZÓNS
  ¿Que diría Sarmiento se vira tantas cousas sobre el en Internet?
   

AXENDA

A celebración do día das letras será tan dispar como lonxe están os múltiples focos nos que se celebren actos. Frai Martín Sarmiento será recordado neste ano 2002 en moitos sitios e lugares, e en cada un deles haberá actos diferentes. Aquí che ofrecemos un listado dos principais actos que se desenvolverán en múltiples localidades.

 

A Estrada
O Recreo Cultural acolle o xoves a las 21.30 horas o acto de entrega do premio de poesía Avelina Valladares a Goretti Fariña. Tamén se presenta o novo número da folla Augasverso á que seguirá un recital. O Museo do Pobo Estradense Manuel Reimóndez Portela terá o venres unha exposición de textos e lecturas. O escritor David Otero dará unha conferencia antes da inauguración do triduo literario. Finalmente, a Coral Polifónica Estradense participa o venres á s 20.30 horas no VIII Encontro de Corais que se celebra no Parque Europa de A Coruña.

A Pobra
Concerto do sexteto Na Rúa ás 20.30 horas no auditorio.

A Rúa
O xoves ás otio haberá a presentaci´n dun libro do poeta Jorge López no Centro Avenida. E a actuación da Escola de Gaitas Abertal. E o venres ás oito terá lugar unha conferencia de Isidro García tato no Centro Avenida.


Allariz
A vila de Allariz celebra na Praza de Abastos a súa "Casa das Letras" na que haberá actos de todos os tipos. No 17 ó 19 convertirase nunha gran biblioteca co nome de "Mil e pico libros en galego" onde se atoparán maís dun milleiro de títulos de todos os xéneros, unha colección sobre o Padre Sarmiento e dispostos para a venda. A actividade está organizada pola librería Torga. Do 13 ó 19 haberá a exposición "Educación e cultura de Paz en Galicia". Os actos continuarán o 17 con teatro, onde un grupo de rapaces estrearán unha obra do escritor alaricano Marcial Suárez coa obra "Amigos do Marcial". Os actos rematan o 22 coa representación de títeres Cachirulo "A merenda de Gamelón".

Ames

O BNG organiza o xoves actividades de tempo libre dirixidas ós nenos de O Milladoiro, a partires das 19.00 horas, na praza Manuel Murguía.

Arzúa
O xoves ás 15.30, na aula de teatro infantil da Asociación Ánxel Casal, o grupo Teatriño Cubitino interpretará O laberinto da risa. Espectáculo que levará mañá á casa de cultura de Arzúa.

Barbadás
o día 18 ás seis haberá a entrega de premios do Certame literario de Piñor e actuación do grupo Xoldra, na Casa de Cultura. E o día 19 ás cinco e media terá lugar o Festival de Bandas de Música. Actúan a de Barbadás e de Monçao (Portugal). No Parque do Río Vilasusa (A Valenzá).
Ourense: o día 17 durante todo o día haberá a Feira do Libro Galego na Rúa do Paseo. Entre os actos previsto, ás 12 horas terá lugar un Concerto na Banda Municipal, no Paseo. E ás oito e media no Teatro Principal representarase "Binomio de Newton".


Boiro
O xoves haberá a inauguración dunha expsosición de tallas ás 20:00 horas na sé da asociación artesanal e etnográfica O Faiado.

Brión

Ata o día 31 estará a Feira do libro na casa de cultura. O xoves haberá unha entrega de premios do concurso de debuxo e contos organizado pola APA do Pedrouzos e un obradoiro de rapa de ovellas a cargo de Plácido Alonso, e de xabrón con Mercedes Bouzas. O venres seguen os obradoiros cun curso de técnica de gaita.

Burela
En Burela terá lugar o habitual concerto e queimada na paraia da Marosa. Este ano cos concetos dos Diplomáticos do Acordeón, Alberto Bundi e a Turma e O jarbanzo Negro. O sábado ás cinco haberá teatro ara nenos na csa da Cultura, e ás dez comezará afesta na praia.

Cambre
A Fundación Fernández Flórez celebrará o sábado día 18 unha lectura dramatizada de "A miña muller", un texto de Fernández Flórez.

Carballo
A Banda Municipal de Carballo ofrece o xoves un concerto. Haberá tamén unha exposición sobre Castelao titulada As imaxes de Castelao no museo de Bergantiños, que permanecerá durante todo o mes de maio.

Carral

Terá lugar un "Festival das letras" que durará os días 17 e 18 de maio. E que trae animación de rúa, títeres, múscia e teatrao.

Cee
O xoves ás 20 horas, no salón de actos, presentarase o volume. Achegamento ó Libro Además, se entregarán los premios del XI Concurso Literario de Achegamento ó Libro e o III Concurso Achegamento ó Teatro.

Celanova
Durante todo o día 17 Romería Raigame, en Vilanova dos
Infantes, coa actuacións musicais, xogos populares, títeres, cantos de cego e artesáns. Na casa de Xosé Luís Méndez recóllense sinaturas apoiando a sua candidatura ó Nobel.

Cesures
Desde o día 10 e ata o 17 en horario de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas pola semana e de 11 a 20 horas polo sábado estará aberta a exposición "O libro dedicado".

Culleredo
O Centro Social e Recreativo de Rutis acolle o venres 17 o festival Días das LetrasGalegas no que participarán o grupo de baile Rueiriños de Nos (Oleiros) a Coral de Mulleres A Xeca de Vilaboa, a Agrupación folklórica Ancoradoira do Concello de Culleredo e o Grupo folklórico Toxos e Xestas do Centro social e Recreativo de Rutis. O evento rematará coa entre dos premios da IX edición do concurso de debuxo e redacción "letras galegas".

Fene
O CPS organiza para o día 17 a final do "VI Campionato de Chave" e o día 18 terá lugar un festival de corais no colexio " A Xunqueira" no que actuarán "Lembranzas da terra" de Valdoviño, "Cruceiro de Valón" e "Luceiro de Alba".

Ferrol
A Concellería de Cultura continúa coa campaña de recollida de libros en galego que serán enviados a Arxentina co gallo do Día das Letras. Todas as persoas, colectivos e entidades que desexen colaborar, poderán facelo entregando os seus exemplares ata o día 17. Os lugares habilitados para a recepción destes libros son o centro cultural Torrente Ballester, a Biblioteca Central e a Casa do Concello.
Esta iniciativa, na que colabora a asociación Fillos de Galicia, está a obter numerosas felicitacións e agradecementos dende Arxentina. Independentemente das obras compiladas por medio das doazóns, o Concello realizará varios envíos nos que se incluirán libros de narrativa, poesía e textos científicos. Todos os volumes recollidos serán remitidos o día 17 a Arxentina, onde lles serán entregados aos descendentes de galegos residentes nese país.
Por outra banda, a celebración do Día das Letras no Concello trasladarase este ano ata a parroquia de Doniños. Os actos institucionais xirarán arredor dunha visita que o Padre Sarmiento realizou á cidade no ano 1745, motivo polo que estarán centrados en lembrar o Ferrol da Ilustración que el coñeceu. Entre as actividades organizadas figuran unha lectura de textos, unha representación teatral e a actuación da Banda Ferrolá de Música.

Lugo
O colectivo Ágora Cultural organizou un Paseo Literario por Lugo o día 18. O día 22 presentarase "Vanguardia gallega" de Xulio Pardo de Neyra. Hai actividades complementarias como son o "Festival das letras" e unha representación teatral organizada pola Delegación de Benestar Social. O voces haberá un Festival das Letras da man de Amelga.

Malpica
Actuación musical de Paloma Suanzes no colexio Milladoiro e espectáculo de guiñol a cargo de Fantasianimación, en Pedra da Arca no Colexio Pedra da Arca.

Melide
O xoves preséntase no salón de plenos do Concello a novela gañadora do primeiro certame de creación literaria Terra de Melide, titulada Xuízo final sobre Val Abiso, de Xesús Lois Mariño.
Moaña: O Centro Cultural Daniel Castelao acolle unha mostra sobre a figura de Frai Martín Sarmiento. E para o día 17 está previsto un festival folclórico a partires das seis da tarde nas pistas da praza de Moaña. O sábado haberá un concerto coral na Igrexa Parroquial ás oito e media da tarde.

Muros
Mañá o centro social, en colaboración co Concello, organiza no auditorio da casa de cultura unha charla que será ofrecida por Domingo Barreiros sobre Frei Martín Sarmiento e un concerto da coral Diego de Muros. Posteriormente, escenificarase a obra "Deixame vivir a beira do mar" a cargo del grupo de teatro de maiores do centro social.

Muxía
A casa de cultura acollerá o xoves, a partir das seis, a representación dunha obra de teatro e unha sesión de lectura de contos e lendas sobre Muxía, así como unha exposición de traballos manuais. Como colofón actuarán os nenos da Escola Municipal de Música.

Noia
Os pricipais actos do días das letras terán lugar o xoves cando se celebrará a charla "O humor na prensa escrita" a cargo de Pinto e Chinto. Os actos continúan o xoves pola tarde ás 19.30 horas, teatro e música.
O Carballiño: do 16 ó 19 haberá unha exposición na Praza Maior de taboleiros feitos polos estudiantes, coa vida e obra do Padre Sarmiento. O día 16 ás 20:00 horas haberá unha tertulia con Ventura Pérez Mariño no Casino. E o día 22 inaugurarase unha mostra sobre Sarmiento no Multifuncional.

Rivadavia
O xoves ás doce e media haberá un concerto para nenos na Casa da Cultura. A medianoite comeza no Salón de plenos un maratón de lectura da obra do Padre Sarmiento, que durará todo o día 17. E ata o 17 a exposición na Casa da Cultura sobre Frei Martín Sarmiento


O Barco
O día 17 ás once da mañá o inicio do Maratón de lectura na Casa da Cultura. Actuación musicacionais.

Outes
O xoves ás 20.00 horas, na casa de cultura, recital de poesía polos alumnos da escola de teatro do concello. Ás 20.30 horas fallarase VI Certame Francisco Añón de Poesía e presentación do libro que recolle os poemarios galardoados na edición anterior.

Padrón

O IES Macías O Namorado organiza o xoves unha carreira pola lingua á que seguirán xogos populares, actuación musical da Psicofónica de Conxo e o Coro Macías O Namorado. A xornada do xoves rematará coa entrega de premios da carreira..

Ponteceso
No programa organizado pola Asociación Cultural Monte Branco destacan os II encontros de normalización, do xoves o sábado. Ademáis, o xoves na Casa dos Veciños de O Couto, poemas cantados a cargo do grupo Mamá Cabra, a partires das 22.00, e ás 23.00, representación da obra de teatro Menos lobos, a cargo de Talía Teatro.

Pontevedra
A cidade de Pontevedra acollerá os actos oficiais relativos ó días das letras galegas. Por eso o día 17 a Real Academia celebrará na cidade do Lérez. Ese día á 12:30 no Teatro Principal haberá unha sesións plenaria extraordinaria na que intervirán Alonso Montero, Francisco Díaz-Fierros, Xesús Ferro Ruibal e Xosé Ramón Barreiro. O día 19 a Asociación Cultural O Burgo ten preparada unha romaría popular a celebrar na Horta de Paz Andrade. O día 18 haberá unha Noite Poética das Letras Galegas de dez a doce da noite na praza da Verdura (soportais da Casa da Luz).

Porto do Son
O xoves ás 20 horas, no Centro de Interpretación do Castro de Baroña, presentarase o libro Seres galegos das augas (Mitoloxía comparada) do escritor Xoán Xosé Teijeiro Rey

Ribeira
O xoves ás 15.45 horas xogos populares no CEIP O Grupo.

Rivadavia
A casa da Cultura acolle ata o dia 17 a mostra sobre a Vida e obra de Frai Martín Sarmiento que patrocina a Dirección Xeral de Política Lingüística.
Tomiño (Pontevedra):A concellalía de cultura ten prevista unha serie de actuacións que forman parte do seu maio cultural. O martes 14 haberá unha representación teatral a cargo de "Títeres Cachirulo". O día 17 haberá unha festa do libro no casco urbano e ás oito actuará o grupo "A Lareira" de A Guarda co Centro Cultural de Estás. O día 18, o Centro Cultural de Figuerió centrará os seus actos nun concerto.

Santiago
-Ás doce da mañá no Consello da Cultura Galega terá lugar a Presentación do "Coloquio en mil duascentas coplas galegas", de Frei Martín Sarmiento
. Trátase dunha edicion facsimilar deste orixinal autógrafo.
-O Concello terá a habitual xuntanza de escritores para celebrar esa homenaxe.
-A Assembleia da língua ten previsto para o día 17 o seguinte programa de actos que teñen como sé da súa celebración a praza de Mazarelos. O programa de actos é o seguinte: 11:30 - Carnavalesco pasarúas: con batucada e gaitas, polas rúas da zona vella compostelana. Levará o lema "A NOSSA LÍNGUA É MUNDIAL" e terá de saida e entrada de Mazarelos. Á 13:30 haberá un xantar vexetariano na praza de Mazarelos. E seguidamente haberá xogos populares. Ás sete haberá un "Paposseco hour" e ás oito haberá un contacontos a cargo dun contacontors brasileiro e unha galega. Ás nove haberá un concerto coas actuacións de Zanga-lha, Manga-lha (Folk), Brasil & Funk (Bossa Nova e Funk) e Skárnio (Ská) e sesión DJs. O recén restaurado Casino de Santiago tamén se une ós actos de celebración, e faino con entregando o xoves o galardón ó premiado co seu primeiro concurso Letras Galegas e unha exposición de Xulio Maside. -O xoves haberá un concerto extraordiario do día das letras no que actuarán a Filharmonía de Galicia e o Orfeón Terra a Nosa que será ás nove no Auditorio de Galicia.


Val do Dubra
O BNG invita ós veciños a participar nunha marcha reivindiativa desde Portomouro ata o entorno natural dos muíños de Rodas e que rematará coa lectura dun dos textos do Padre Sarmiento.

Valga
Galiza Nova organiza o venres no campo de fútbol xogos tradicionais e actuacións musicais, a cargo do grupo de gaitas e danzas de Valga, Leña Verde, de Catoira, Pinto de Herbón, Xoldra e The Happy Frog.

Vedra
O venres está previsto un Contacontos ás 22.30 horas, na Taberna do Ferrador.

Vigo
O servicio de Normalización da universidade acolle un ciclo de conferencias que se desenvolven no Auditorio de Caixa Galicia de Vigo. O luns 13, ás 20:00 horas da man de Yan Rivallain (xornalista que falará sobre as Linguas mediterráneas), o martes 14 será o turno de Henrique Costas (cunha conferencia titulada "Linguas da península ibérica") A Casa Galega da Cultura acollerá unha exposición titulada "O padre Sarmiento" que se poderá visitar ata o día 18 de maio.

Zas
La compañía Ulalume pon en escea hoxe no colexio de Baio o contacontos "Esto era que había... "

 

Alén da terra
As letras galegas celebraranse tamén naqueles lugares que aínda conservan, por unha ou otra vía, algo que os relacione con Galicia. Henrique Monteagudo viaxará por diferentes cidades europeas para explicar nos locais da sociedade A Nosa Galicia a figura do homenaxeado. As citas serán o día 19 en Zürich, o 26 en París, o 17 en Andorra e Bruxelas.

Andorra
A Casa de Galicia acollerá actos durante toda a fin de semana. O sábado a profesora Aurora Marcos ofrecerá un perfil sobre o pai Martín Sarmiento e o domingo celebrará un concerto de música tradicional galega.

Barcelona
O xoves 16 terá lugar unha obra de Tetro Radiofónico, polo grupo de Teatro galego da Universidade de Barcelona, dirixido por Camilo F. Valdehoras, no programa Morriña de Radio Unión Cataluña. O Venres 31 de maio haberá un concerto de peche dos Cursos de Lingua e Cultura Galegas polo Coro Universitario Galego de Barcelona. E durante todoo mes haberá unha exposición bilbiográfica sobre Fr. Martín Sarmiento, na Biblioteca xeral da Universitat de Barcelona.


Bruxelas
O centro Galego ten organizdo para o venres unha conferencia e unha gran queimada. E o sábado a Fundación Galicia-Europa patrocina unha lectura escenificada da obra de Cunqueiro, "O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca". E pechan o programa de actos da capital europea a Asociación Cultura Belgaliza coa conferencia de Víctor Freixanes.

Gotemburgo
A Irmandade Galega acollerá 25 un festival de música de jazz. E ademais celebrara unha tertulia na que participarán escritores lusófonos, hispanos e suecos.

Padua
O lectorado de galego da Universidade de Padua organiza o venres "Vocis da Finis Terrae" un espectáculo de lírica medieval cantada e un recital.

Rotterdam
No lar Galego de Rotterdam Víctor Freixanes falará da situación da literatura galega no estranxeiro.

Salamanca
O lectorado de galego na Universidade Salmantina organiza dous ciclos, un de cine e outro de literatura, para resaltar o día das letras galegas. O de literatura desenvolverase o día 14 de maio, e abrirase cunha conferencia a cargo de Alnso Monetero. O día 17 farase entrega dos premios do I Certame de Narración cura do lectorado.


Villafranca do Bierzo
Numerosos actos que forman parte da campaña "Pola lingua que nos une" ofrecerán o día 19 un pasarrúas, unha concentración na praza maior da vila e, xa pola tarde, un festival poético musical.


Vitoria- Gasteiz
A Universidade do País Vasco organizou durante toda a semana unha seri de exposición. O xoves Xosé María Dobarro da Universidade da Coruña que falará sobre Sarmiento e a literatura popular. O venres haberá un recital de poesía galega a cargo do grupo Xuxurlak Rapsodas con Pilar Corcuera e Txiko Tostado con música de Victor Gutiérrez. Á unha e media do venres haberá unha presentación e degustación de viños e queixos de Galicia.

Vilafranca
Vilafranca do Bierzo acolle este ano moitos dos actos de celebración do Día das Letras Galegas. Durante o 14, 15 e 16 terá lugar a 37 edición do certame nacional de poesía. O día 17 a Asociación Fala Ceibe de Ponferrada entregará os premios de debuxoe relatosque convocou con motivo do Día das Letras Galegas. O 18 inaugurarase a exposición itinerante sobre Sarmiento, un acto académico no teatro municipal e a presentación dun libro de Santos Puertos.

 


 

 

Cultura Galega.org
Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000