AXENDA
  Coñece tódolos actos programados en Galicia
PROXECTO SARMIENTO
  Explora a iniciativa de investigación máis ampla sobre Sarmiento
NOTICIAS
  A actualidade sobre o día das letras galegas
O DÍA DAS LETRAS
Descubre as orixes deste día de celebracións
LIGAZÓNS
  ¿Que diría Sarmiento se vira tantas cousas sobre el en Internet?
   
DESCARGAS
 

Coloquio en mil duascentas coplas galegas.

Segundo o seu editor e descubridor, Henrique Monteagudo, coordinador do Proxecto Sarmiento, este facsímile dun orixinal autógrafo do Padre Sarmiento "é un dos primeiros ensaios do cultivo do galego escrito despois da decadencia tardo-medieval. Isto outórgalle unha significación absolutamente emblemática na historia do idioma galego". O Coloquio foi redactado por Frai Martín Sarmiento a finais de 1746. O documento orixinal está na Biblioteca Nacional (Madrid). A edición é do Consello da Cultura Galega.

Descárgao en PDF.



El Gran Gallego.
Facsímile dunha biografía de Fray Martín Sarmiento elaborada por Antolín López Peláez e publicada pola Biblioteca Gallega, na Coruña, en 1895. O libro está editado polo Consello da Cultura Galega e o orixinal para a edición foi cedido pola Real Academia Galega.

Descárgao en PDF.

INÉDITO Inscripción romana en la Limia, al norte de Xinzo.
Trátase dun pequeno estudio enviado por Frai Martín Sarmiento en 1759 dende Madrid a un crego da comarca de Xinzo, no que analiza unha inscripción romana da que lle fora remitida a transcripción. Esta pequena carta está chea de anotacións persoais e da filosofía de Sarmiento sobre a investigación histórica.

Descárgao en PDF.



Reflexiones literarias para una biblioteca real.
Este libro, de José Santos Puerto, é unha edición dun texto redactado por Frai Martín Sarmiento para a creación da Biblioteca Real de Madrid, e no que o frade berciano amosa a súa erudición.

Descárgao en PDF.

 


 

 

Cultura Galega.org
Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000