AXENDA
  Coñece tódolos actos programados en Galicia
PROXECTO SARMIENTO
  Explora a iniciativa de investigación máis ampla sobre Sarmiento
NOTICIAS
  A actualidade sobre o día das letras galegas
O DÍA DAS LETRAS
Descubre as orixes deste día de celebracións
LIGAZÓNS
  ¿Que diría Sarmiento se vira tantas cousas sobre el en Internet?
   
O DÍA DAS LETRAS
 


Foi o Ministerio de Información e Turismo o que aprobou en 1963 que o día 17 de maio fose considerado oficialmente o Día das Letras Galegas. Un fito histórico para as letras galegas que tiña a súa orixe no pleno celebrado na Real Academia Galega o 20 de marzo dese mesmo ano. Foi entón cando tres membros da RAG fixeron unha proposta de crear unha data para recoller o pulo de toda a actividade intelectual que se estaba a xestar en Galicia.

E precisábase unha data, un día no que celebrar a homenaxe. E os académicos decidiron escoller unha ben simbólica: o 17 de maio. Foi neste día cando Rosalía lle fixo unha dedicatoria á escritora Fernán Caballero da súa obra "Cantares gallegos" . E non só iso, apúntase que é posible que esta data tamén garde relación coa vida privada de Rosalía, xa que coincide co trinta aniversario do seu marido, Manuel Murguía.

E foi en 1963 porque é nese ano cando se cumpría o centenario da publicación de "Cantares Gallegos". Obra que está considerada o punto de inflexión da situación de esmorecemento dos séculos escuros e o inicio do Rexurdimento.

Desde esta celebración a Real Academia acrodou que, de aquí adiante se adicará un día á cultura galega con un autor que se ía escollendo cada ano. E con este motivo a Academia reedita algúna obra do autor homenaxeado e unha escolma dos seus traballos.

Desde 1963 a lista de homenaxeados foi a seguinte

ano homenaxeado  
1693 Rosalía de Castro  
1964 Castelao  
1965 Eduardo Pondal  
1966 Francisco Añón Paz  
1967 Manuel Curros Enríquez  
1968 Florentino López Cuevillas  
1969 Antonio Noriega Varela  
1970 Manuel Valladares Núñez  
1971 Gonzalo López Abente  
1972 Valentín Lamas Carvajal  
1973 Manuel Lago González  
1974 X.V.Viqueira Cortón  
1975 X.Manuel Pintos Villar  
1976 Ramón Cabanillas  
1977 Antón Vilar Ponte  
1978 Antonio López Ferreiro  
1979 Manuel Antonio  
1980 Alfonso X, O Sabio  
1981 Vicente Risco  
1982 Luis Amado Carballo  
1983 Manuel Leiras Pulpeiro  
1984 Armando Cotarelo Valedor  
1985 Antón Losada Diéguez  
1986 Aquilino Iglesias Alvariño  
1987 Francisca H. Garrido  
1988 Ramón Otero Pedrayo  
1989 Celso Emilio Ferreiro  
1990 Luis Pimentel  
1991 Álvaro Cunqueiro  
1992 Fermín Bouza Brey  
1993 Eduardo Blanco Amor  
1994 Luís Seoane  
1995 Rafael Dieste  
1996 Xesús Ferro Couselo  
1997 Ánxel Fole  
1998 Martín Codax,Johan de Cangas e Meendinho  
1999 Roberto Blanco Torres  
2000 Manuel Murguía  
2001 Eladio Rodríguez  
2002 Frai Martín Sarmiento  

 


 

 

Cultura Galega.org
Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000