Contar a emigración desde a parte dos retornados. Velaí o obxectivo que se propuxo Xesús Fraga ao encetar esta novela que é, sobre todo, o relato dunha epopea como a que protagonizaron tantas mulleres galegas que, levadas pola adversidade, rematan percorrendo o mundo á procura dun futuro mellor. Unha obra que ten moitas lecturas e moitos vieiros, polos que o autor nos leva coma se fosen as liñas do metro de Londres, a cidade ao redor da que gravitan os personaxes da novela. É, tamén, a historia dun neto asombrado e dunha avoa poderosa. A historia dos que marchan e que, cando regresan, nin eles son os mesmos nin a terra que deixaron é a mesma.
CRÍTICAS
NOTICIAS
O Poemagosto de Allariz celebra a súa novena edición
Publicado o 4 / 10 / 2023
O encontro outonal coa poesía reúne actividades literarias e musicais esta fin de semana
A directiva da Federación de Librarías pide remuda
Publicado o 2 / 10 / 2023
Convocan eleccións anticipadas e non se volverán presentar ao órgano de goberno
Francisco Javier Fernández Davila novo gañador do Premio Repsol
Publicado o 29 / 9 / 2023
O vigués acadou o voto da maioría do xurado coa súa obra Groenlandia
O Consello da Cultura presenta un espazo en rede para a tradución literaria galega ao inglés
Publicado o 29 / 9 / 2023
O proxecto Seara nace para ofrecer unha selección de textos que percorre a historia da nosa literatura
Vicente Vázquez gaña o IX Premio de relato curto Nortear
Publicado o 29 / 9 / 2023
O melidense imponse no certame luso galego para autores de menos de 36 anos
Carmen Caramés faise co III Premio Literario Pinto e Maragota
Publicado o 29 / 9 / 2023
O poemario Todo o que doe valeulle o galardón, dotado con 3.000 euros
'Materia' de Yolanda Castaño faise co Premio Nacional de Poesía
Publicado o 27 / 9 / 2023
No libro a escritora trata en verso o tema da familia na súa proxección pretérita, presente e futura
Unhas xornadas abordan as conexións literarias de Santiago
Publicado o 27 / 9 / 2023
Palabra e imaxe ou xeitos de narrar Compostela desenvólvense entre o 29 de setembro e o 1 de outubro
Rinoceronte Editora presenta dous novos dicionarios en liña
Publicado o 27 / 9 / 2023
O Centro Ramón Piñeiro lanzou tamén un dicionario galego-italiano
Os editores reúnense para valorar os seus 40 anos como asociación
Publicado o 27 / 9 / 2023
O Simposio O Libro e Lectura reúne hoxe ao sector arredor dos datos da edición e das súas experiencias