Cada relato é unha historia persoal vivida, onde a muller é protagonista e tece tódalas narracións sendo á vez unha: Cecía T. S. Así:
-París, Hedda Gabler, ou a cuidadora dos xeranios de Prometeo, esa soidade da infancia.
--Ou cando a trompeta de jazz, ese soído... botado a perder o humano quédanos volver á besta e comezar de novo, poida.
-Pocahontas, ou Delia Inés Cabrera Paseyro, aquela fermosa uruguaia descendente dos indios charrúas, que pasou por Vigo e coñecín nos anos setenta, charrúa, e agora vive alá, en Uruguay ...na súa Nueva Helvecia...
--Ou esa viaxe que un fai ós vinte anos cara ningún sitio, e este foi ás minas de potasa en Súria, en Catalunya, e alí coñecín a quen non lles deixan ama-la vida...
-Unha cidade calquera e unha muller.
-Un home só e a lúa.
-A neurose da suxección torpe das normas sociais que o pechan todo, e destrúen.
-¿Quen foi Eni, aquela muller coleccionista que vivía co que non amaba, por medo?
-A infancia e os xogos e a muller e o mito da serpe...
--0 psicoanálise, ese espello infiel que nolo devolve todo, como o mar .
-Aquel Deserto chamado de Nabalpam de onde todo partiu cara o mundo... á busca de ouro. Co tempo saberíase que abaixo das súas areas existía o Lago das Garzas Azuis ( ese mundo posible), e alí ían refuxiar os Reiseñores Brancos fuxindo dos Cazadores...
-¿Era Cecía...?
-A historia real e máxica da nai e o "neno de madeira", tan común en Galicia.
-O monstro que xorde unha mañá sen saber como (iso din), e todos aceptan, chámese invasión, crime, campo de concentración, guerra, tiranía, marea negra..., ata o punto de que moitos fan oposicións para protexer os seus moitos tentáculos, ou formar parte deles, "porque xa non interesa mata-lo monstro", din os seus funcionarios.
-As rúas de Compostela son como as rúas do mar, ou das estrelas do universo. Alí estoupa o mundo. Pierrot Lunaire, Shönberg.
Porque nos arrincan a forma ( a pel) de achegarnos as cousas, para empuxarnos en carne viva ó suceso.
[nota do autor]" />

lg3
inicio » lg3 » 

PUBLICACIÓN


ficha da publicación

» Título: O deserto de Nabalpam
» Escritor/a:
   Alfonso Pexegueiro
» Ed. Espiral Maior,
» Ano: 2003
» Xénero: Narrativa
» CDU: 82-3=134.4
» IBIC: F - Ficción e temas afins
» Coleccion: Espiral Maior Narrativa
» Pax: 73
» ISBN: 84-95625-81-4
IMPRIMIR

extras

» Crítica: A busca do ouro do coñecemento

Acerca de Lg3
Que é LG3
Créditos
Correo
culturagalega.org | RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.gal
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.gal