Un bico de amor e vida ofrece varios contidos nun só contedor. Coma unha botella guindada ao mar, dependendo de quen lea a mensaxe que vai dentro atopará un ou outro significado. Haberá quen quede co relato actualizado do conto d’A Sereíña, de Hans Christian Andersen. Certo que a sombra benéfica do autor dinamarqués anda detrás deste proxecto, se ben, en Un bico de amor e vida a serea e mais o home humano viven un amor igualitario, sen necesidade de concesións nin de transformacións imposibles, coas lóxicas eivas que evidencia unha relación dacabo de dous mundos distintos: o de auga e o de terra. Será posible un amor así?

A carón do conto, está a historia. A nosa historia inmediata. A traxedia do Prestixe –cando o azul do mar se nos volveu negro- tan ben reflectida na primeira ilustración realizada para este álbum por Enjamio. Quizais porque, ademais de que convén non esquecer, tamén hai que ter en conta que nun desastre ecolóxico desas características non só os humanos sofren, tamén as criaturas do mar están a padecer as súas consecuencias de forma directa e inmediata. A botella con mensaxe dentro –ou con mensaxes superpostas- complétase coa música de Manuel Balboa, eses mares nocturnos que encerran toda a maxestade do mar, pero tamén toda a súa posible tristura.
[Presentación editorial]" />

lg3
inicio » lg3 » 

PUBLICACIÓN


ficha da publicación

» Título: Un bico de amor e vida
» Escritor/a:
   Xosé Antonio Neira Cruz
» Ilustrador:
   Luís Castro Enjamio
» Ed. Galaxia,
» Ano: 2009
» Xénero: Infantil-Xuvenil
» CDU: 82-93=134.4
» IBIC: YF - Ficción e historias reais infantís e xuvenís
» Coleccion: Árbore Musicontos
» Pax: 44
» ISBN: 978-84-9865-142-3
IMPRIMIR

Acerca de Lg3
Que é LG3
Créditos
Correo
culturagalega.org | RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.gal
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.gal