Alexandre Nerium non fai neste seu primeiro poemario édito unha crónica da xente do mar de Fisterra, senón que transmite a súa propia vivencia dese mar. É o mar no que el medrou e morou, o mar que foi o seu medio de vida e que quere que o siga sendo. O mar que lle permite seguir soñando, a pesar das cíclicas catástrofes que afectan Fisterra e a batida e castigada Costa da Morte. Onte o Casón, hoxe o Prestige ¿e mañá? .
Ademais do mar fisterrán, en "Vogar de couse" están os mares poéticos de Manuel Antonio e de Bemardino Graña, de Méndez Ferrín e de Avilés de Taramancos, de Xohana Torres e de Ana Romaní, de Rafa Villar e de tantos poetas con mar e sen mar ÓS que Alexandre Nerium quere homenaxear neste libro coa introducción nos quintetos dalgún verso deses poetas ou ben con varios versos como encabezamento de cada un dos cinco libros do poemario. "Vogar de couse" é unha homenaxe á poesía dos anos 80 e á dos 90 (a dos "vellos" e a dos "novos"), é unha homenaxe a Manoel Antonio, creador dun mar fantasmagórico (e surrealista como os cadros de Urbano Lugrís) con termos náuticos técnicos e co léxico dos mariñeiros de baixura de Rianxo e do Mar da Arousa.
[fragmentos do limiar de Francisco Fernández Rei]" />

lg3
inicio » lg3 » 

PUBLICACIÓN


ficha da publicación

» Título: Vogar de couse
» Escritor/a:
   Alexandre Nerium
» Ed. Espiral Maior,
» Ano: 2003
» Xénero: Poesía
» CDU: 82-1=134.4
» IBIC: DC - Poesía
» Coleccion: Espiral Maior Poesía
» Pax: 87
» ISBN: 84-95625-80-6
IMPRIMIR

Acerca de Lg3
Que é LG3
Créditos
Correo
culturagalega.org | RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.gal
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.gal