O mito de édipo é moi rico e complexo e xa fora tratado, como se sabe, maxistralmente polos trráxicos gregos. Nós simplificámolo -conscientes de que o empobreciamos- e quixemos escribir unha obra sen pretensións, sinxela, elemental, case esquemática por se algún día tivésemos a fortuna de que a representase un grupo de non-profesionais das táboas. Non acadamos esa sorte e a peza ficou ata hoxe entre os nosos papeis.
Co "Edipo" tentamos crear un personaxe que resultase ser un anti-Franco, o tirano cruel e omnipotente que estabamos a padecer. Un Edipo que fose, máis que un rei ou un brinquedo do Destino e da Fatalidade, un home bo, xeneroso, inconmovíbel nos seus principios éticos: o xefe humanísimo que endexamais atraizoa ou atraizoará a súa xente, cumpridor do seu deber ata as derradeiras consecuencias, disposto a sacrificar a vida polos seus ideais se preciso for. De Antígona quixemos facer un prototipo de muller forte, valente, filla exemplar e heroica, trasunto das galegas nais, donas, fillas de emigrantes -e non só- que tan insuperábel e esforzado cometido desempeñaron todo ao longo da historia do noso pobo.
[Nota do autor na lapela do libro] " />

lg3
inicio » lg3 » 

PUBLICACIÓN


ficha da publicación

» Título: Edipo
» Escritor/a:
   Manuel María
» Ed. Universidade da Coruña,
» Ano: 2003
» Xénero: Teatro
» CDU: 82-2=134.4
» IBIC: DD - Obras de teatro, textos teatrais
» Coleccion: Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor
» Pax: 114
» ISBN: 84-9749-097-5
IMPRIMIR

extras

» Crítica: A madurez dun mito

Acerca de Lg3
Que é LG3
Créditos
Correo
culturagalega.org | RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.gal
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.gal