Uns considerámonos máis progresistas, outros máis conservadores. Uns crentes, outros no. Un temos ideoloxías ben definidas, outros considerámonos apolíticos... Mais todos estamos preocupados e indignados polo panorama político, económico e social que vemos ao nosos arredor. Pola corrupción dos políticos, empresarios, banqueiros... Pola indefensión do cidadán de a pé.
Esta situación máncanos a todos acotío. Mais se todos nos xuntamos, podemos cambiala. É moito hora de botarse a andar, hora de construír entre todos unha sociedade mellor."

Trala publicación de Indignádevos, o manifesto mundialmente coñecido de Stéphane Hessel, a nova entrega da colección Ágora de FAKTORÍA K é unha suma de artigos elaborados por analistas e pensadores contemporáneos: Democracia real Xa! de Carlos Taibo; A revolta d@s indignad@s de Josep María Antentas e Esther Vivas; Mellor ao revés de Antoni Domenech, que reflexiona sobre a alternativa real ao movemento do 15 de maio; Democracia real Xa!, de Iván Giménez Chueca, no que apunta conceptos como open government e ciberactivismo; e A Marsellesa na Puerta do Sol de Juan Carlos Monedero. Complétase cos seguintes anexos: o manifesto e as propostas do Movemento 15-M; un comunicado das comunidades cristiás populares do Estado español; e o Manifesto feminista de Sol.
[Presentación editorial] " />

lg3
inicio » lg3 » 

PUBLICACIÓN


ficha da publicación

» Título: A revolta dos indignados
» Escritor/a:
   Varios autores
» Tradutor/a:
   Ramón Nicolás Rodríguez
» Ed. Faktoría K de libros,
» Ano: 2011
» Xénero: Ensaio e Investigación
» IBIC: DNF - Ensaios literarios
» Coleccion: Ágora
» Pax: 80
» ISBN: 978-84-15250-25-8
IMPRIMIR

Acerca de Lg3
Que é LG3
Créditos
Correo
culturagalega.org | RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.gal
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.gal