De 1961 a 1992, Xosé Neira Vilas reside en Cuba. Trinta e un anos vividos día a día, intensamente, procurando achegar o seu modesto gran de area ao erguemento dunha nova sociedade e á construción dun novo Estado, dúas empresas que nas circunstancias históricas e incluso xeográficas daquela illa só podían levarse a cabo con moito fervor e tenacidade. Nestas páxinas, as lembranzas cubanas artéllanse arredor de catro eixos. O primeiro destes eixos narrativos está dedicado aos diferentes labores profesionais desenvolvidos polo escritor; desde alfabetizador e xornalista a tradutor e sindicalista, de miliciano a alumno e mestre. O segundo ordena o relato destas lembranzas polas súas relacións de amizade con, entre outros, escritores coma Nicolás Guillén, Alejo Carpentier e Roberto Fernández Retamar. O terceiro foco artéllase a partir das "Cartas (máis ou menos intemporais) a Luís Seoane", mentres que o cuarto dá paso aos «Homes na Historia»: José Martí, Ernesto Che Guevara e Fidel Castro. Péchase o libro cos apartados de "agradecemento a Cuba" e cos discursos do escritor na Universidade da Habana e na de Santiago de Compostela, o primeiro con motivo do seu doutoramento Honoris Causa e este último no acto da súa condecoración coa medalla Alejo Carpentier da República de Cuba.
[Presentación editorial]" />

lg3
inicio » lg3 » 

PUBLICACIÓN


ficha da publicación

» Título: Días de Cuba
» Escritor/a:
   Xosé Neira Vilas
» Ed. Galaxia,
» Ano: 2014
» Xénero: Biográficos
» CDU: 929=134.4
» IBIC: BG - Biografía: Xeral
» Coleccion: Memoria
» Pax: 416
» ISBN: 978-84-9865-523-0
IMPRIMIR

Acerca de Lg3
Que é LG3
Créditos
Correo
culturagalega.org | RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.gal
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.gal