No Consello da Cultura Galega pretendemos achegarnos ao fenómeno da creación audiovisual dende a vertente da análise do sector cultural e económico en que se crea o patrimonio audiovisual galego; e, por outra banda, queremos coñecer e valorar as necesidades culturais do pobo galego no ámbito das artes audiovisuais.
Cómpre subliñar que o Libro Branco de Cinematografía e Artes Vtsuais parte sempre dunha reflexión persoal dos autores (Jaime Pena, Isabel Sempere, Xosé Nogueira, Miguel Anxo Fernández, Pepe Coira, Raúl Veiga e J.Mª Folgar de la Calle) sobre os fenómenos audiovisuais en e desde Galicia. Resulta importante salientar este feito, xa que durante o longo tempo que pasou dende que se propuxo a súa redacción (2001) foron aparecendo moitos e bos estudos e análises sobre o audiovisual galego, entre os que destacamos os que xurdiron do propio Consello, a través da súa Sección de Comunicación. O que agora presenta a Comisión Técnica de Cinematografía e Artes Audiovisuais, da Sección de Artes Plásticas, é unha reflexión desde a historia do cinema en Galicia e dos seus profesionais que procura centrarse na importancia do sector audiovisual para a creación da nosa identidade e o mantemento do noso patrimonio cultural.
[Fragmento da Introdución]" />

lg3
inicio » lg3 » 

PUBLICACIÓN


ficha da publicación

» Título: Libro branco de cinematografía e artes visuais
» Escritor/a:
   Varios autores
» Ed. Consello da Cultura Galega,
» Ano: 2004
» Xénero: Ensaio e Investigación
» IBIC: DNF - Ensaios literarios
» Coleccion: Base
» Pax: 347
» ISBN: 84-95415-96-8
IMPRIMIR

extras

» Publicación completa: Libro branco de cinematografía e artes visuais

Acerca de Lg3
Que é LG3
Créditos
Correo
culturagalega.org | RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.gal
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.gal