Todas as versións dos feitos existentes ata o día de hoxe coincidían en presentarnos un vendedor ambulante, vítima da superstición e da ignorancia, que asasinaba as súas vítimas sen ser consciente dos seus actos. Porén, a reconstrución dos feitos que atopamos nestas memorias é completamente diferente. As xentes do común, xunto coa clase médica e o corpo togado galego, bautizaron no seu día a Romasanta como o Sacaúntos, o Home do Saco e mesmo o Sacamanteigas, pero nunca se referiron a el como o Home Lobo, posibilidade pola que non se chegaron a inclinar en ningún momento. Foron os crentes nas supercherías científicas daquel tempo os que lle deron crédito á hipótese do licántropo. A realidade parece ser que foi moi distinta, tal e como se nos amosa nesta novela.
[Presentación editorial]" />

lg3
inicio » lg3 » 

PUBLICACIÓN


ficha da publicación

» Título: Romasanta
» Escritor/a:
   Alfredo Conde
» Ed. Sotelo Blanco,
» Ano: 2004
» Xénero: Narrativa
» CDU: 82-3=134.4
» IBIC: F - Ficción e temas afins
» Coleccion: Medusa
» Pax: 158
» ISBN: 84-7824-439-5
IMPRIMIR

Acerca de Lg3
Que é LG3
Créditos
Correo
culturagalega.org | RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.gal
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.gal