Nos últimos anos, o sensible incremento das comunicacións a distancia e a universalización do coñecemento reclaman unha lingua que supere as barreiras entre comunidades, mais ata hoxe ningunha institución con competencias mundiais se pronunciou sobre cal debe ser esa lingua que se usará nos contactos internacionais. "Outro idioma é posible" pretende chamar a atención sobre o feito de que en todo o mundo se impón acrlticamente o inglés, colocándose nunha situación de privilexio.
Teresa Moure salienta no seu ensaio que as dificultades para a comunicación poden salvarse con mecanismos que non respondan aos intereses ideolóxicos da globalización e o pensamento único. O máis orixinal deles, e tamén o máis silenciado, consiste no uso dunha lingua artificial, construída deliberadamente para a comunicación internacional. Esa é a única posición ética en materia lingüística: o compromiso coa lingua propia de cada comunidade e o respecto cara a todas as culturas do mundo. Dese xeito garántese a pervivencia das pequenas linguas do mundo, hoxe ameazadas pola uniformidade dominante.
[Presentación editorial]" />

lg3
inicio » lg3 » 

PUBLICACIÓN


ficha da publicación

» Título: Outro idioma é posible
» Escritor/a:
   Teresa Moure
» Ed. Galaxia,
» Ano: 2005
» Xénero: Ensaio e Investigación
» IBIC: DNF - Ensaios literarios
» Coleccion: Ensaio
» Pax: 168
» ISBN: 84-8288-804-8
IMPRIMIR

Acerca de Lg3
Que é LG3
Créditos
Correo
culturagalega.org | RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.gal
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.gal