No relato, que ten como protagonista unha muller que chega a unha cidade para incorporarse como concertino a unha afamada orquestra, abórdase a complexidade das relacións humanas, onde o sexo ocupa un lugar preferente en case todas as súas manifestacións (a promiscuidade, os tríos, as relacións lésbicas entre mulleres…) e recréase o tema do pasado que volve, da historia que se repite; de aí o título da obra con esa alusión ao ‘cíclico’ e de aí a presenza das relacións sexuais como motivo recorrente.
A abundante presenza do sexo permítenos case adscribila ao subxénero erótico. O xurado do Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta destacou como principais virtudes un estilo depurado e un argumento compacto, sen fisuras, así como a organización do relato mediante unha estrutura definida, reveladores dun autor xa maduro e de longo alento.
[Presentación editorial] " />

lg3
inicio » lg3 » 

PUBLICACIÓN


ficha da publicación

» Título: Sinfonía cíclica
» Escritor/a:
   Paulino Pereiro
» Ed. Sotelo Blanco,
» Ano: 2004
» Xénero: Narrativa
» CDU: 82-3=134.4
» IBIC: F - Ficción e temas afins
» Coleccion: Medusa
» Pax: 238
» ISBN: 84-7824-458-1
IMPRIMIR

Acerca de Lg3
Que é LG3
Créditos
Correo
culturagalega.org | RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.gal
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.gal