Teresa Moure xoga a desafiar o xénero esquecendo as fórmulas do discurso académico para construír un relato poliédrico no que, mentres expón as súas ideas, vai intercalando contos. Con este recurso pode contar como transcorre un parto, ou rememorar en feminino o primeiro día da Creación. "A palabra das flllas de Eva" pretende ser un texto radical, é dicir, un conxunto de argumentos críticos sobre o adestramento que a linguaxe exerce nas nosas mentes, onde se desenmascaran as forzas sociais que nos modelan.
Aínda que o texto poida cualificarse de feminista, non aboca ao dualismo masculino/feminino visto coma un campo de batalla de malos e boas; o ensaio suxire que liberar a palabra contribuirá a liberar, non só as mulleres, senón a todos os seres humanos de calquera perfil sexual. Porque, por moito que os aires conservadores, cando sopran, insistan en que xa non hai diferenzas, todos sabemos que nunha festa, nun enterro, cando o interlocutor é un bebé, facendo bromas, na perruquería ou na cama, homes e mulleres construímos discursos distintos. Por iso, Teresa Moure propón neste libro renovar a linguaxe, para actuarmos sobre as vellas estruturas e construírmos un mundo novo.
[Presentación editorial]" />

lg3
inicio » lg3 » 

PUBLICACIÓN


ficha da publicación

» Título: A palabra das fillas de Eva
» Escritor/a:
   Teresa Moure
» Ed. Galaxia,
» Ano: 2005
» Xénero: Ensaio e Investigación
» IBIC: DNF - Ensaios literarios
» Coleccion: Ensaio
» Pax: 132
» ISBN: 84-8288-707-6
IMPRIMIR

Acerca de Lg3
Que é LG3
Créditos
Correo
culturagalega.org | RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.gal
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.gal