Luís Manteiga (Compostela 1903-1949), director de Claridad. Semanario de Izquierdas e colaborador de Guión, Resol, Yunque, A Nosa Terra e Nós, foi un dos integrantes da Xeración das Vangardas. No volume Teatro galego (2003) recuperábamos a súa malfadada biografía e parte do seu legado artístico: o de dramaturgo. Agora presentamos a súa obra narrativa que, ao igual que a dramática, resulta dunha orixinalidade extraordinaria dentro da literatura galega de preguerra, pois mentres a narrativa dos homes do Grupo Nós, ou mesmo a de escritores da súa propia xeración, como Rafael Dieste, é enmarcábel, nalgunha medida, ana categoría do social, a de Manteiga ocúpase do individual, das paisaxes interiores. A daqueles era, como en todas as literaturas emerxentes que están creando un sistema literario propio, unha narrativa moi ligada á sociedade e á misión que debía cumprir nela: crear conciencia nacional. Porén, a especificidade da novela de iniciación Intres, de Manteiga, responde aos parámetros das Vangardas galegas, da poesía de Manuel Antonio ou do abortado teatro de preguerra de Álvaro Cunqueiro, isto é, unha vangarda que, sen chegar á ruptura total coa tradición, liberou temas e formas, mantendo o compromiso na procura dunha modernización total da literatura. Así, como novela de formación, "Intres" avanza sobre o modelo oteriano e o seu protagonista, unha rez realizada a descuberta do país, procede a substitución do compromiso político polo compromiso cultural e artístico.
[Contracapa do libro]" />

lg3
inicio » lg3 » 

PUBLICACIÓN


ficha da publicación

» Título: Intres (1934-1935)
» Editores/as literarios:
   Laura Tato Fontaiña
» Editores/as literarios:
   Manuel Ferreiro
» Escritor/a:
   Luís Manteiga
» Ed. Ediciós do Castro,
» Ano: 2005
» Xénero: Narrativa
» CDU: 82-3=134.4
» IBIC: F - Ficción e temas afins
» Coleccion: Narrativa
» Pax: 220
» ISBN: 84-8485-213-X
IMPRIMIR

Acerca de Lg3
Que é LG3
Créditos
Correo
culturagalega.org | RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.gal
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.gal