Tina a dos Sensabores tamén marchou.
O bo de Ramiro seguiu o seu camiño, pero ha de volver.
O mouro Alberte espertou dun sono de trecentos vinte e sete anos e saíu a coñecer os seus veciños.
María, de pouco e pouco, sabendo esperar, sabendo ter paciencia, acabou de tecer o seu soño.
Andrea, que veu de lonxe, tivo un soño, un soño moi bonito que ao primeiro era dela, pero que agora é de todos."

A escrita de Daniel Ameixeiro podería ser definida como dunha "complicada sinxeleza". Sinxeleza que é o resultado dun xeneroso esforzo cara ao lector para tentar proporcionarlle a esencia do texto, unha vez eliminados os detalles que poden chegar a eclipsar o carácter evocador das palabras. Este estilo literario, caracterizado pola concisión e pola suxestión, é resultado dunha madurez creativa que só se consegue entendendo a Literatura como paixón e como arte da palabra.

Vila Cerdeira é un escenario universal, en que a Imaxinación se pon ao servizo de todo aquilo que conservamos tanto na memoria do coñecemento coma na do sentimento.
[Lapela do libro]
" />

lg3
inicio » lg3 » 

PUBLICACIÓN


ficha da publicación

» Título: Vila Cerdeira
» Escritor/a:
   Daniel Ameixeiro
» Ilustrador:
   Xosé Cobas
» Ed. Everest Galicia,
» Ano: 2005
» Xénero: Infantil-Xuvenil
» CDU: 82-93=134.4
» IBIC: YF - Ficción e historias reais infantís e xuvenís
» Coleccion: Punto de Encontro
» Pax: 88
» ISBN: 84-403-0514-1
IMPRIMIR

Acerca de Lg3
Que é LG3
Créditos
Correo
culturagalega.org | RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.gal
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.gal