Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Jacobo Paz presenta o seu segundo disco “Chico de marca” editado por Wonderland Discos

A MARCA DE JACOBO PAZ

Jacobo Paz presenta o seu segundo disco “Chico de marca” editado por Wonderland Discos

CANTAUTOR | xullo 10, 2007

not_10316.jpg

O músico coruñés Jacobo Paz presentou ante os medios hoxe na Fnac da cidade herculina o seu novo disco “Chico de marca”, editado polo selo galego Wonderland. No mesmo espazo, este venres ás 20 horas fará un pequeno concerto de mostra dos temas do album. Jacobo Paz, ex compoñente de formacións como Mario Bronx, principiou a súa andaina en solitario a finais da década pasada e debutou discograficamente con “Buscando pistas”. Dende aquela, este roqueiro e autor ten compartido cartel con nomes tan coñecidos como M Clan, Deluxe, Barón Rojo, Burning, Australian Blonde, Los Deltonos, O Funkillo ou Heredeiros da Crus. En “Chico de marca” Jacobo Paz conta coa colaboración musical de Ángel Venancio, guitarrista de Manolo Tena, e do actor Daniel Huarte, habitual na serie “Al salir de clase”, que protagoniza o clip que da nome ao disco.

VIDEO | Chico de marca
datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer