Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Santiago e Vigo presentan os programas de dúas das festas patronais máis importantes de xullo

FESTAS NO NORTE E NO SUR

Santiago e Vigo presentan os programas de dúas das festas patronais máis importantes de xullo

MISCELáNEA | xullo 11, 2007

imaxe non dispoñible

As Festas do Cristo da Victoria en Vigo e as Festas do Apóstolo en Santiago xa teñen programa oficial e pechado. Os dous concellos fixeron público onte cadanseu programa de festexos e celebracións. A aposta polos grandes concertos está moi presente nos dous casos. En Vigo as estrelas do cartel son os británicos Artic Monkeys, Paulina Rubio, Nacha Pop, Manu Chao, Le Punk e os galegos Deluxe e Fon Román. A cantante Soraya abrirá as festas en Santiago nas que tamén actuará a mexicana Julieta Venegas, os cubanos Orishas, Andrés Calamaro acompañado de Fito & Fitipaldis, Estrella Morente, Susana Seivane e tamén actuarán The Ellas, Brath, Álvaro Costas & Hot Band entre a representación galega. Vigo gastará case 900 mil euros nos seus festexos que chegarán ata o día 12 de agosto, mentres que a capital ten un orzamento superior aos 600 mil euros para a súa programación que remata co mes de xullo.

Máis información no Concello de Vigo
e no Concello de Santiago

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer