Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O “dobarrismo” protagonizará unha das xornadas da semana cultural do Felipop

FELIPOP RENDE HOMENAXE A DOBARRO

O “dobarrismo” protagonizará unha das xornadas da semana cultural do Felipop

POP | xullo 31, 2007

not_10086.jpg

O festival pop que se celebra cada ano na parroquia de Limodre, en Fene, inclúe na súa programación do 2007 tres días previos de actividade cultural que converten o evento nun dos de máis longa duración. Os concertos comezarán o xoves 9 de agosto e seguirán ata o sábado pero desde o luns xa haberá actividades culturais no programa. O mércores 8 será a xornada dedicada ao “dobarrismo” coa presentación do disco “Manifesto dobarrista” (Falcatruada,2007) a proxección dun trailer que avanza o documental feito por Anxo Fernández sobre Andrés Dobarro que se estreará en televisión e unha mesa de debate sobre o artista ferrolán. Fernández será un dos compoñentes da mesa na que o acompañarán Xurxo Souto, Xavier Alcalá e Noel Feáns, responsable do net-label A Regueifa. A xornada inclúe a actuación dalgún dos grupos que participaron no disco como Boy Elliot ou Jules e Jim.

Máis información no Diario de Ferrol

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer