Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Asociación de Gaiteiros Galegos reúne aos mellores artesáns e luthiers no Festival de Pardiñas

FABRICAR E TOCAR EN PARDIñAS

A Asociación de Gaiteiros Galegos reúne aos mellores artesáns e luthiers no Festival de Pardiñas

FOLK | xullo 31, 2007

not_10427.jpg

Os vindeiros 4 e 5 de Agosto de 2007 terá lugar en Guitiriz a "XIV Mostra de Instrumentos de Música Tradicional" que a comisión de artesáns da Asociación de Gaiteiros Galegos organiza, dentro do marco do festival de Pardiñas organizado pola A.C. Xermolos de Guitiriz.
Esta Mostra comezou xa fai catorce anos, coa idea de crear en Galicia unha cita anual onde os mellores luthiers e artesáns estivesen nunha feira amosando o seu traballo de ano en ano, fora do seu obradoiro. O gaiteiro e estudoso do folclore Pablo Carpintero impartirá un obradoiro de construción de xoguetes sonoros para cativos. As actividades previstas están enfocadas para que sexan totalmente participativas, así pois haberá un escenario dispoñible durante todo o día para todos aqueles músicos que desexen tocar, e aqueles artesáns que queiran falar ou facer algunha demostración da sonoridade dos seus instrumentos.

Máis información no Portal da AGG

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer