Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Os actos do centenario do himno galego terán lugar en cinco cidades simultaneamente

HIMNO COMPARTIDO

Os actos do centenario do himno galego terán lugar en cinco cidades simultaneamente

FOLK | decembro 4, 2007

imaxe non dispoñible

O 20 de decembro de 1907 o Gran Teatro de La Habana acolleu a estrea do Himno galego. Unha celebración que se conmemorará o próximo sábado día 8 neste mesmo teatro pero que, esta vez, se estenderá a outras cidades. No Centro de Galicia-Olivos de Bos Aires, Milladoiro e Xeito Novo ofrecerán un concerto; o Centro Galego Carrasco de Montevideo acollerá outro de Susana Seivane e Los Williams; San Salvador de Bahia, en Brasil, terá un con Uxía Senlle, Carlos Núñez e Chico César no cartel. Completa o programa a Orquestra Panorama tocando desde o Gran Marina Hotel en Barcelona. A celebración será retransmitida en directo por Televisión de Galicia.

Máis información en La Voz de Galicia e sobre o himno na nosa hemeroteca


 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer