Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Phantom Club presentan o seu disco co que inician xira en xaneiro

OS TAMBORES DIN: FUNKSIONA!

Phantom Club presentan o seu disco co que inician xira en xaneiro

INDIE | decembro 28, 2007

not_11293.jpg

A derradeira presentación discográfica do 2007 corre a cargo dos vigueses Phantom Club co seu EP “Funksiona!”. O disco, de produción independente, esta editado no selo Elisong Producciones e gravado nos Estudios Océano de Vigo. “Funksiona!” preséntase este venres 28 ás 12 horas no Hotel NH de Vigo e á noite cun concerto aberto na sala La Fábrica de Chocolate Club. Sete temas de rock e funk enchen este EP do que se distribuirán 2000 copias e que conta coas colaboracións de outros músicos alleos á banda como Javier Vargas, que estará na presentación, o arxentino Claudio Gabis e o rapeiro californiano Keyd, de Snoop Dog. Phantom Club formouse en 2002 e os músicos que integran a banda teñen as súas raíces en Tui, Vigo e Buenos Aires. O grupo comezará a súa xira de presentación no mes de xaneiro por Portugal volvendo en febreiro a terras galegas e continuando polo resto do Estado. A xira rematará en novembro en Buenos Aires.

Máis información en Phantom Club

Phantom Club
VIDEO | Estado de bienestar
VIDEO | Phantomatic
datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer