Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Triángulo de Amor Bizarro é o mellor disco de 2007 segundo os lectores de SONO-TONE

O MELLOR DO 2007

Triángulo de Amor Bizarro é o mellor disco de 2007 segundo os lectores de SONO-TONE

MISCELáNEA | xaneiro 16, 2008

not_11385.jpg

Cando nalgúns medios de comunicación comezan a preguntarse cal foi o mellor disco dos artistas do país no pasado ano, na revista SONO –TONE xa o teñen claro. O magazine en liña sobre música convocou o pasado 11 de decembro aos seus lectores para pronunciarse sobre a cuestión. Setecentas trinta e unha persoas enviaron as súas puntuacións – seis puntos a distribuír- cun resultado de 4.386 votos e unha lista de 52 discos encabezada polo disco de debut dos coruñeses Triángulo de Amor Bizarro (Mushroom Pillow), de mesmo nome que o grupo, con 217 puntos. Os lectores de SONO-TONE coinciden así con outros críticos como os do xornal Público que tamén acharon neste disco o mellor traballo musical do pasado 2007. Con só vinte e dous puntos menos a lista dos lectores colocou ao disco Tres de The Homens, editado por Falcatruada, e seguindo a este están “Finais dos 70s, comezos dos 80s” de Fanny + Alexander e “Ed Wood e a invasións dos paraugas asasinos” de Ataque Escampe. A votación fíxose a través do correo electrónico para evitar a deturpación dos resultados.

Máis información en SONO-TONE e sobre TAB nos nosos arquivos

VIDEO | Himno de la bala

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer