Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Volve o blues en galego no novo disco de Víctor Aneiros

HEROE DO BLUES

Volve o blues en galego no novo disco de Víctor Aneiros

JAZZ/BLUES | febreiro 21, 2008

not_11617.jpg

O bluesman Víctor Aneiros e a súa banda comezan este venres 22 e sábado 23 na sala B-Flat en Matosinhos (Portugal) a xira de presentación do seu novo traballo “Heroe secreto”. O disco, editado polo selo vasco Gaztelupeko Hotsak, é o cuarto na traxectoria do grupo liderado polo guitarrista e cantante ferrolán. Como xa fixera no seu anterior traballo Aneiros volve cantar blues en galego. No disco, as letras do ferrolán conviven con outras de autores clásicos, como Rosalía de Castro (Soia), e contemporáneos, como o eumés Ramiro Fonte (Na barra). Para presentar estas e outras cancións, a Aneiros, sobre o escenario, acompañaranlle os seus músicos de sempre: Xacobe Martínez (contrabaixo), Manolo Gutiérrez (piano) e Marcos Sánchez (batería). A presentación en terras galegas do disco será na sala Breogain de Vigo o vindeiro 29 de febreiro.

VIDEO | Victor Aneiros: Bala perdida
VIDEO | Victor Aneiros: Soia
AUDIO | 30 SEGUNDOS
Lúa
AUDIO | 30 SEGUNDOS
Soia
AUDIO | 30 SEGUNDOS
Miña bala perdida
datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer