Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Concello de Vigo presenta o proxecto da nova Escola de Música Tradicional

A E-TRAD QUE VéN

O Concello de Vigo presenta o proxecto da nova Escola de Música Tradicional

FOLK | marzo 3, 2008

imaxe non dispoñible

A concelleira de Educación de Vigo, Laura López presentaba o pasado xoves o proxecto da E-Trad, a nova Escola de Música Tradicional e Folk que se vai pór en marcha nesta cidade. O centro, que dirixirá Rodrigo Romaní, achegará dous itinerarios formativos (afeccionado e profesional) e contará con oito profesores, dous máis dos que ata o de agora participaban na aula de música tradicional. A maiores, incrementarase tamén en dous o número de especialidades, que pasan a nove, a cantidade de horas lectivas, (sesenta e cinco máis, ata sumar 200) e o orzamento, que ascenderá a 221.000 euros.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer