Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O novo de Iván Ferreiro poderá descargarse da rede antes da saída en tendas

O éXITO DAS MENTIRAS

O novo de Iván Ferreiro poderá descargarse da rede antes da saída en tendas

ROCK | marzo 6, 2008

not_11711.jpg

O vindeiro día 13 de marzo Iván Ferreiro comeza xira co seu disco “Mentiroso, mentiroso” aínda sen saír ás tendas, pero cunha expectación máis que segura. Así o demostra o feito de que xa estean esgotadas as entradas para dous dos seus concertos máis importantes, en Madrid e Barcelona, o que xa motivou a ampliación dun concerto máis na capital española. “Mentiroso, mentiroso” estará nas tendas o vindeiro 25 de marzo aínda que o músico ofrece aos seus seguidores a posibilidade de descárgalo esta fin de semana da súa páxina web ou escoitalo íntegro nela. A xira de Iván Ferreiro chegará a Galicia o día 23 de maio, ao Pazo da Cultura de Pontevedra, sendo Lugo e Santiago as súas seguintes paradas en xuño. O grupo Stereotipos, gañadores da primeira edición do certame Nova Xove Music, acompañará a Ferreiro na xira española.

VIDEO | Meteoro y el Señor Conejo
VIDEO | Mentiroso, mentiroso
datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer