Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Sete concertos co jazz máis aperturista no ciclo da Fundación Barrié

JAZZ PARA DúAS CIDADES

Sete concertos co jazz máis aperturista no ciclo da Fundación Barrié

JAZZ/BLUES | marzo 31, 2008

not_11849.jpg

O vindeiro 5 de abril dará comezo na Coruña a décimo terceira edición do Ciclo de Jazz da Fundación Pedro Barrié de la Maza que distribuirá sete concertos entre A Coruña e Vigo ata o 8 de maio. O programa desta edición está centrado na cualidade aperturista do jazz e ofrece, como é habitual, a actuación de figuras de primeira liña internacional como John Zorn, co seu novo proxecto Carte Blanche, o pianista McCoy Tyner Trio con Joe Lovano ao saxo tenor, Richard Galliano e outros artistas. Ragas xudeas, boggie woogie, soul, flamenco, afro, blues, stride, pop e bossa-nova estarán presentes nos conciertos desta nova edición que pechará en Vigo a actuación de Pepe Habichuela & Dave Holland Sextet. Na Coruña os concertos terán lugar no Palacio da Ópera, e en Vigo no Teatro Salesianos. A entrada a todos será de balde previa retirada de invitacións.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer