Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Peregrinar en clave de folk

TRINTA PERSOAS PARTICIPAN NA REPRESENTACIóN DE O CAMIñO, O MUSICAL DE ZOUMA RéCORDS

Peregrinar en clave de folk

FOLK | xullo 1, 2008

imaxe non dispoñible

Druida Danza, Mutenrohi, Daniel Bellón, Diego Maceiras, Rosa Cedrón ou Cristina Pato xuntos nun espectáculo. O Selo Zouma Récords ten este verán de xira o espectáculo O Camiño, un musical que, a partir da nosa música tradicional, afonda na peculiaridades e historias da Ruta Xacobea. Juan Carlos Fasero, responsable do proxecto, explícanos esta iniciativa, que visitará diferentes vilas do país no marco do programa Vai de camiño

Unha persoa esperta en Roncesvalles sen saber que fai alí. Alentado polos peregrinos que pasan lánzase a facer o Camiño de Santiago coma un auténtico percorrido iniciático no que vai atopando o bo e o malo da vida ata que en Compostela consegue atoparse a si mesmo. O peculiar desta alegoría é que se desenvolve na forma dun musical artellado arredor da nosa tradición musical que transcorre durante hora e media. O complexo espectáculo que involucra danza, teatro, video e, como non, música en directo, naceu hai uns cinco anos dunha historia de Rafael Cachafeiro, e desenvolveuse ata dar nun grande espectáculo.

En conxunto, a iniciativa involucra a arredor de sesenta persoas, das que trinta pasan polo escenario, o que dá unha idea da dimensión do proxecto. Segundo explican desde a produtora, iso dificulta en boa medida as súas posibilidades de difusión, e fai que non puidese ser posible desenvolvelo sen o apoio do Xacobeo.

O Camiño estreouse o pasado 30 en Lugo, a abrir a programación de espectáculos Vai de Camiño. O 5 de xullo Vilagarcía continúa a xira estival desta iniciativa, que se agarda chegue ata a Expo de Zaragoza. Entre os vindeiros proxectos da produtora neste sentido está a vindeira gravación dun video cos contidos íntegros do mesmo e continuar a difusión do proxecto.

VIDEO
Fasero presenta o espectáculo.

Precisas o Flash Player para ver o video.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer