Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Los Mecánicos gravan o seu primeiro disco cunha actuación en directo

O GARUFA ACOLLE A GRAVACIóN DO DISCO

Los Mecánicos gravan o seu primeiro disco cunha actuación en directo

POP | agosto 13, 2008

not_12798.jpg

O trío coruñés gravará en directo o que será o seu primeiro disco no pub Garufa, do que ademais do son tamén collerán o nome para o disco. En “Garufa ye-ye” Fernando Esclusa, José M. Martínez e Tito Ritman plasmarán o seu directo no que repasan a música pop dos anos sesenta e setenta tanto española como anglosaxona ou americana. O concerto, que terá lugar ás 23 horas deste xoves 14 de agosto, durará unha hora e media e a entrada é libre, aínda que aforo é limitado. Os tres músicos levan desde o pasado ano dando concertos como Los Mecánicos e proceden de outras bandas da cidade como Guru Deva, Deluxe, The Majestics e a Tribeca Band. Previsiblemente o disco sairá editado por Wonderland Discos.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer