Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Xa están decididos os cinco grupos finalistas do certame Nsaio no Camiño

ESTE XOVES EN LUGO ESCOLLERASE AO GAñADOR DA SEGUNDA EDICIóN DO CERTAME

Xa están decididos os cinco grupos finalistas do certame Nsaio no Camiño

MISCELáNEA | setembro 2, 2008

imaxe non dispoñible

A clasificación esta pasada fin de semana dos boirenses Sinefres (rock) e dos composteláns Loba Loo (folk) pecha o cartel de finalistas desta II edición de Nsaio no Camiño que se completa con Maryland (categoría pop), Som do Galpom (mestizaxe) e Telémaco (novos valores). Lugo acollerá este xoves, 4 de setembro, a fase final deste certame na que competirá un grupo por cada unha das categorías musicais do certame. Un xurado especializado escollerá ao gañador definitivo de Nsaio no Camiño 2008. O premio será a gravación dun disco nun dos mellores estudos de gravación de España e a sinatura dun contrato cunha discográfica de nivel estatal e máis un contrato de management. O traballo discográfico será distribuído e promovido en todo o Estado. O artista consagrado que respaldará este concerto será o grupo de rock e tex-mex Los Lobos.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer