Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Cristina Pato colabora no novo disco do violoncellista Yo-Yo Ma

A GAITEIRA INTERVéN CUNHA MESTURA DE DúAS MUIñEIRAS TRADICIONAIS

Cristina Pato colabora no novo disco do violoncellista Yo-Yo Ma

FUSIóN | outubro 6, 2008

not_13136.jpg

Autor e intérprete de orixe chinés, Yo-Yo Ma é unha das figuras destacadas da música clásica e gañador de numerosos premios Grammy. Ademais de celebrado intérprete de Bach tamén ten feito música de cine nas bandas sonoras de Tigre e Dragón e Memorias de unha Geisha. O disco de Yo-Yo Ma inclúe entre as súas moitas colaboracións a da ourensá residente en New York Cristina Pato, como intérprete de gaita galega nunha das pezas do disco que fai unha mestura de dúas muiñeiras tradicionais extraídas do cancioneiro de Casto San Pedro. Na peza tamén intervén o acordeonista Víctor Prieto, afincado nos EE.UU. Cristina Pato xa ten actuado xunto a Yo-Yo Ma no Carnegie Hall dentro do proxecto Ruta da Seda de fusión musical entre Oriente e Occidente que o violoncellista impulsa e actuarán o vindeiro 24 de outubro ante a Asemblea das Nacións Unidas co tema deste novo traballo. O disco e DVD “Yo Yo Ma and Friends: Songs of Joy and Peace” sae á venda en EE.UU. o 14 de outubro (Sony BMG Masterworks, Starbucks) e entre os colaboradores están, ademais de Cristina Pato, a soprano Renee Fleming, Paquito d Rivera, Diana Krall, e Dave e Matt Brubeck entre outros.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer