Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / A revista de rock dos Países Cataláns distribuirá un CD de música galega actual

DEZAOITO BANDAS CONFORMAN A REPRESENTACIóN MUSICAL á QUE TAMéN SE LLE DEDICA UN SUPLEMENTO

A revista de rock dos Países Cataláns distribuirá un CD de música galega actual

MISCELáNEA | outubro 13, 2008

not_13188.jpg

O director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, e o Roger Palà, xefe de redacción de Enderrock, revista de rock dos Países Cataláns, presentaron o pasado venres no Centro Galego de Barcelona o disco GZ Pop! encartado no número de outubro desta publicación catalá. Baixo o epígrafe "A nova fornada de pop en galego", o disco reúne a 18 artistas como exemplo da calidade das bandas galegas así como do amplo abano de estilos que interpretan. Os grupos escollidos para esta recompilación son: Loretta Martín, The Homens, Capitán Furilo, Lamatumbá, Víctor Aneiros, Nao, Som do Galpón, Dios Ke Te Crew, Mencer Vermello, Zënzar, Ruxe Ruxe, Galegoz, Safari Orquestra, O Sonoro Maxín, Ataque Escampe, Narf, Projecto Mourente e Fanny + Alexander. A publicación inclúe un suplemento escrito polo xornalista e músico David Vázquez dedicado á nova xeración de músicos galegos, no que se fai unha breve introdución sobre cada un dos grupos escollidos, así como unha evolución do pop-rock en galego dende os anos oitenta á actualidade, rematando na xeración plasmada no disco GZ Pop!

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer