Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Aid contra 1.300

UNHA RAPEIRA VIGUESA FAISE CO PREMIO HEINEKEN GREENSPACE PARA NOVOS VALORES

Aid contra 1.300

HIP-HOP | novembro 5, 2008

ret_13354.jpg

Ten 18 anos, compaxina os seus estudos de Enxeñaría de Telecomunicacións coa música. Aída Alonso, coñecida como Aíd, acaba de gañar a cuarta edición do Heineken Greenspace para novos valores entre 1.300 participantes. ¿O premio? Contratos para varias actuacións e 9.000 euros para a gravación do seu próximo disco. Pese a súa xuventude ten unha longa carreira que comezou no 2004 cando un amigo publicou unha demo súa nun portal especializado en Hip Hop que acabou sendo moi popular. É locutora e guionista dun programa de radio local dedicado á divulgación grupos musicais en Vigo ("Moito de aquí e pouco de alá" en Radio Piratona). Aíd acaba de formar Licor Kafé, un proxecto musical que embarca a 040 (Solemne & Zentinela), Woyza e El Puto Coke na produción. Ademais, nas vindeiras semanas sacará o seu primeiro disco Jugando, que contén Dadadá un dos temas cos que se presentou ao Heineken Greenspace.

AUDIO
A rapeira Aíd conta o seu paso polo Heineken Greenspace
Ligazóns

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer