Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Arranca en Culleredo o ciclo Grandes coros de ópera

O PROXECTO ESTá LIDERADO POLA ORQUESTRA SINFóNICA DE MELIDE

Arranca en Culleredo o ciclo Grandes coros de ópera

CORAL | marzo 13, 2009

imaxe non dispoñible

A Antiga Universidade Laboral de Culleredo acollerá esta noite un concerto singular no que participarán uns 180 músicos. As corais polifónicas El Eco de la Coruña, o Liceu Casino de Vilagarcía e a Orquestra Sinfónica de Melide ofrecerán a primeira dunha serie de galas líricas que interpretarán pezas de Verdi como Nabucco, Aída, Il Trovatore, La Traviata ou Macbeth. O proxecto chámase Grandes Coros de Ópera, e con el a Sinfónica de Melide pretende estender a actividade musical á provincial. A Coruña, Ferrol e Santiago son algunhas das localidades polas que xirará o espectáculo que conta cunha achega de 65.600 euros da Deputación da Coruña.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer