Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Un cedé e un deuvedé recollen as melodías cantadas no ciclo anual da tradición galega

O PROXECTO ESTá ELABORADO POLA ASOCIACIóN DE GAITEIROS GALEGOS

Un cedé e un deuvedé recollen as melodías cantadas no ciclo anual da tradición galega

FOLK | abril 3, 2009

not_14441.jpg

Antes de que houbera formas tecnolóxicas de medir o tempo como son os reloxos, a xente guiábase polo sol e pola lúa. Era unha forma de adaptar a vida ás diferentes épocas do ano (a pascua, o maio, o magosto...) que sempre estiveron acompañadas de melodías. A Asociación de Gaiteiros Galegos decidiu facer un traballo que reunise música para doce meses (ou trece lúas) que lembrasen o ciclo anual da tradición galega. O resultado é 13 lúas, un cedé e un deuvedé, que recollen tanto as cancións así como un documental didáctico sobre o calendario lunar.

AUDIO | CANCIóN COMPLETA
Abril: O Cuco
Fonte: Asociación de Gaiteiros Galegos Música: tradicional. Letra: Comba Campoy. Arranxos e adaptación: Bernardo Martínez
datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer