Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Coral de Ruada celebra noventa anos cun feixe de iniciativas

UN LIBRO, UN DISCO E UNHA MOSTRA REPASARáN A HISTORIA DESTA FORMACIóN

A Coral de Ruada celebra noventa anos cun feixe de iniciativas

CORAL | abril 21, 2009

imaxe non dispoñible

O 24 de xuño de 1919 nacía en Ourense a histórica Coral de Ruada. A formación celebra agora os seus noventa anos cun bo feixe de actividades que se desenvolverán ao longo de todo o ano da man da discográfica Ouvirmos. Por unha banda, o selo reeditará o libro que recolle a viaxe que o coro fixo por Andalucía en 1927 e recuperará as primeiras gravacións da formación nun disco conmemorativo. En setembro, o edificio Simeón de Ourense acollerá unha mostra na que se poderá contemplar o traballo gráfico de diferentes creadores arredor de Ruada, así coma un documental sobre a traxectoria do grupo e diferentes contidos didácticos. Visitas guiadas e mais a celebración do III Certame Internacional de Coros De Ruada no mes de xuño completan o programa previsto.

AUDIO
O quer que lle quer

Tamén che pode interesar:

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer