Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O grupo Na Lúa celebra o seu vinte aniversario cun recopilatorio

AS FASES DA LúA

O grupo Na Lúa celebra o seu vinte aniversario cun recopilatorio

FOLK | agosto 9, 2001

not_1456.jpg

O grupo de folk Na Lúa cumpría no 2000 vinte anos de existencia, o que o converte nun dos grupos máis veteráns do panorama galego. Lonxe fican xa aqueles días en que, onda grupos coma Milladoiro, Fía na Roca, Amerguín ou Doa, comezaron a traballar nun panorama pouco explorado coma era o do folk galego. Para celebrar o aniversario o grupo comezou a traballar nun recopilatorio que sae agora á rúa con dezaoito temas remesturados.

O recopilatorio de Na Lúa abrangue, baixo o título de "As fases de Na Lúa", dezaoito temas que recollen a evolución do grupo nos últimos vinte anos, tocando desde a faceta máis festeira á máis lírica do grupo. Os temas, provintes dos sete discos editados polo grupo, foron remesturados sobre os orixinais no estudio Casa de Tolos de gondomar. Só as cancións "Dublín-Coimbra", "Danzas de Entroido", "Espabileitor" e "Vértolas de maio" están presentes con versións diferentes das orixinais. O recopilatorio tamén amosa as diferentes colaboracións con que veu contando o grupo ó longo da súa carreira. Nomes coma Fausto, Júslio Pereira, Muxicas, Treixadura, Fía Na Roca ou Siniestro Total entre moitos outros aparecen nos créditos de varias das cancións. A ver que atopamos dentro doutros vinte anos.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer