Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Unha serie de actividades lembrarán este venres os 95 anos do Toxos e Froles

DARíO VILLANUEVA RECIBIRá A MEDALLA DO REINO DE MERLíN

Unha serie de actividades lembrarán este venres os 95 anos do Toxos e Froles

CORAL | maio 27, 2009

imaxe non dispoñible

Debutaron nos escenarios do 29 de maio de 1914 e, desde entón, desenvolveron un traballo ininterrompido a prol da cultura galega. O Toxos e Froles cumpre noventa e catro anos este venres e vaino celebrar cunha serie de actos. Comezarán o venres no Concello de Ferrol coa entrega dos premios Letras de Bretaña para Ramón Pernas e as medallas do Reino de Merlín para Darío Villanueva. Canda isto, este mesmo venres terá lugar a tradicional homenaxe aos membros fundadores. Os actos continuarán o vindeiro 12 de xuño coa celebración do festival anual da entidade. Será nese encontro cando se lle concederá o premio “Manuel Lourenzo Barja” a Luis Alonso Girgado.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer