Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Mugardos e Keresú publican un disco en galego e guaraní

CANTOS DAS DúAS BEIRAS REIVINDICA A LINGUA COMO SIGNO DE IDENTIDADE DOS POBOS

Mugardos e Keresú publican un disco en galego e guaraní

CANTAUTOR | xullo 1, 2009

not_15027.jpg

Coa intención de establecer un diálogo musical entre dúas linguas minoritarias o galego Xavier Mugardos e a arxentina Natalia Carossi "Keresú", publican Cantos das dúas beiras, o primeiro disco gravado en galego e na lingua guaraní da comunidade indíxena amazónica. O traballo conxunto dos dous músicos presenta once cancións, sinxelas pero fermosas, construídas con dúas guitarras e a cálida voz de Keresú. O disco foi gravado co mesmo son que o dúo presenta nos seus directos para reivindicar a música como un traballo artesán sen intervención das máquinas.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer