Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / A revista Rockzone distribúe o terceiro disco de Aphonnic

COLóCANSE 10.000 COPIAS DE 6 BAJO PAR NOS QUIOSCOS DE TODO O ESTADO

A revista Rockzone distribúe o terceiro disco de Aphonnic

ROCK | xullo 8, 2009

not_15067.jpg

O terceiro disco do grupo vigués Aphonnic pode atoparse estes días nos quioscos de toda España incluído como agasallo co número 50 da revista Rockzone. Dez milleiros de copias de 6 Bajo Par saen así as rúas dun só golpe. O disco, terceiro da formación despois de Silennce (PAI Música, 2003) e Follproof (Autoedición, 2006), está editado por Maldito records e foi gravado e masterizado nos xa pechados estudios Areamaster de Vigo. 6 Bajo Par presenta 10 novos temas da formación “metaleira” nos que hai unha maior presenza de letras en castelán fronte ao inglés predominante en traballos anteriores. Xa está na rede o videoclip do tema “Dios da”, deste disco.

VIDEO | Dios da
datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer