Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A 25ª edición do festival de Ortigueira conseguiu chegar aos 100.000 asistentes

XOSé MANUEL BUDIñO GRAVOU O SEU DIRECTO PARA UN PROXECTO AUDIOVISUAL PROPIO

A 25ª edición do festival de Ortigueira conseguiu chegar aos 100.000 asistentes

FOLK | xullo 13, 2009

imaxe non dispoñible

A crise non parece ter afectado ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira que este ano conseguiu incrementar o seu número de asistentes. Segundo as estimacións do Concello de Ortigueira foron 100.000 as persoas que este ano se achegaron á localidade nos catro días do festival. Esta cifra supón un incremento de 10.000 persoas respecto ao ano anterior nun evento que adoita ser, segundo os anuarios da SGAE, o que máis público convoca en todo o Estado. Segundo un estudio da Cámara de Comercio de Ferrol o festival xera cinco millóns de euros de ingresos á comarca. Neste contexto de éxito da convocatoria o gaiteiro Xosé Manuel Budiño realizou a gravación en directo da súa actuación no festival o sábado, un concerto que integrará un proxecto audiovisual en DVD.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer