Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Lugo acolle o IV Congreso de Ensinantes de Música Tradicional

O EVENTO COMEZAO 30 DE OUTUBRO E TEN ABERTO O PRAZO DE INSCRICIóN

Lugo acolle o IV Congreso de Ensinantes de Música Tradicional

FOLK | outubro 21, 2009

imaxe non dispoñible

A fin de semana entre o 30 de outubro e o 1 de novembro, a Facultade de Veterinaria de Lugo acollerá o IV Congreso de Ensinantes de Música Tradicional. No encontro, ademais das comunicacións dos participantes haberá conferencias sobre cuestións coma o Proxecto Ronsel, o patrimonio lúdico, a introdución dos máis novos no baile tradicional ou mesmo concertos didácticos. Segundo explica a Asociación de Gaiteiros Galegos, que organiza o encontro, o congreso "pretende ofrecer aos asistentes coñecementos e recursos para o ensino da música tradicional nos diferentes ámbitos educativos, pero sobre todo, pretende concienciar da importancia que ten utilizalos". O prazo de inscrición está aberto no web da AS-PG ata o vindeiro día 23.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer