Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Preséntase o CD e DVD do espectáculo Ovay de Quique Peón Cia.

O PAQUETE OFRECE A GRAVACIóN EN DIRECTO DO ESPECTáCULO E OS TEMAS DE XOSé LOIS ROMERO E SUSO VAAMONDE

Preséntase o CD e DVD do espectáculo Ovay de Quique Peón Cia.

FOLK | decembro 17, 2009

not_15990.jpg

O espectáculo de danza en solitario que a acompañía de Quique Peón estreou este verán , Ovay, preséntase de novo agora no seu formato de “levar para casa”. O só de danza galega sae publicado por Falcatruada nun elegante formato DVD-book, acompañado cun CD con dez temas que conforman a banda sonora do espectáculo con música de Xose Lois Romero e Suso Vaamonde. Baile, canto, teatro, música ao vivo e sen pausa, durante 50 intensos minutos gravados ao vivo no Teatro Rosalía Castro da Coruña, e que sae agora publicado por Falcatruada. Ocay quere amosar a forma de expresión masculina e feminina empregando un amplísimo abano de movementos tradicionais galegos que evolucionan ata chegar aos nosos días. Para isto mestúranse as frases tradicionais no marco da danza contemporánea, tentando non perder o esencial, o cerne do noso espírito, a nosa expresividade e sentimentalidade. A obra vai máis aló do virtuosismo do bailarín: amósanos o seu interior, fusionando os instrumentos, o canto e o teatro co mesmo baile, e tentando que o espectador recoñeza e redescubra, a un tempo, o seu. En verbas de Quique Peón “Ovay é unha viaxe ao interior de min mesmo no que se percorren os catro puntos cardiais da ialma”.

VIDEO | QUIQUE PEÓN CÍA presenta OVAY
AUDIO | ENTREVISTA
Quique Peón explora nos puntos cardinais da súa alma en Ovay
datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer