Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Niño y Pistola disfrázanse para o seu terceiro disco

A BANDA PRESéNTASE COMO ARTHUR & THE WRITERS MANTENDO O SEU ESTILO

Niño y Pistola disfrázanse para o seu terceiro disco

INDIE | febreiro 16, 2010

not_16322.jpg

Sae á venda desde hoxe o novo CD da banda Niño y Pistola e sendo Entroido poderíamos dicir que sae disfrazado como Arthur & the Writers dándolle aos novos temas do grupo unha “historia” de contexto. Neste traballo autoeditado pola banda a través do selo Ernie Records – o primeiro saíu con Mulberry e o segundo con Astro- a banda créase alter-egos e mesmo unha historia sobre un poeta falecido, así como toda unha narración na que sitúan os seus principios en Iowa. O disco terá, ademais da tirada inicial de 1000 copias en Cd, unha distribución dixital e prevén sacalo en vinilo na primavera. A gravación fíxose nos estudios Casa de Tolos de Val Miñor coa produción de Segundo Grandío e Niño y Pistola. O vindeiro concerto de presentación será en Baiona, no Marrucho, o 26 de febreiro.

VIDEO | Catch the sun
datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer