Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / Os gaiteiros denuncian o tratamento da música tradicional nos medios públicos

REMITIRáN A SúA DEMANDA AOS TRES GRUPOS PARLAMENTARIOS

Os gaiteiros denuncian o tratamento da música tradicional nos medios públicos

FOLK | abril 28, 2010

imaxe non dispoñible

O cambio de horario de emisión na de Alalá na TVG (os xoves ás 23:00 horas) e que Lume na palleira xa só se emite na Radio Galega Música (20.000 oíntes potenciais fronte os máis de 120.000 da Radio galega convencional) son algúns dos feitos que motivaron o último comunicado da Asociación de Gaiteiros Tradicionais. Nel denuncian que diminúen os tempos e se reduce a súa presenza para a música tradicional nos medios de comunicación públicos, ao tempo que insta a recuperar espazos e promover este xénero. Ademais, esta entidade anunciou que remitirá esta demanda aos tres grupos con representación no Parlamento.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer