Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Iván Ferreiro saca o seu terceiro disco Picnic extraterrestre

MOITOS TEMAS PODEN ESCOITARSE XA NO WEB DO ARTISTA VIGUéS

Iván Ferreiro saca o seu terceiro disco Picnic extraterrestre

POP | maio 19, 2010

not_16923.jpg

O vigués Iván Ferreiro pon esta semana nas tendas o seu novo disco Picnic Extraterrestre (Warner Music, 2010), o seu terceiro disco de estudio en solitario. O disco, que contén 12 temas, leva cancións compostas por el e como xa é habitual polo seu irmán Amaro Ferreiro, así como por Pablo Novoa. Fiel ao seu recoñecible estilo Ferreiro ofrécenos o seu pop melancólico e intimista, comezando pola canción que se usa de promoción do álbum Farenheit 451, que non defraudará aos seus seguidores e cuxo vídeo, dirixido por Daniel Etura, tampouco ha deixalos sen unha certa dose do desasosego habitual do que é bandeira Iván Ferreiro. Como xa é tamén marca do artista moitos dos temas poden escoitarse a través da súa web e é previsible que vaia deixando alí todas as cancións así como as súas letras.

VIDEO | Farenheit 451
datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer